Dende a Asociación de Turismo Rural Ulla Tambre Mandeo (Triemociones), intentamos cada día facer do noso nome comercial, Triemociones, unha realidade para todos os que nos visitan, e por iso queremos ir máis aló de enamorar coa paisaxe, a gastronomía, o patrimonio… por iso, e porque nos gusta innovar, deseñamos este produto, unha fin de semana rural para «singles».
Parecía que ata o de agora, para ser solteiro/a e ter citas rápidas, viaxes organizados ou algunha actividade similar, tiñas que vivir nunha gran cidade e facer cousas de «urbanitas». Iso acabouse, nós como asociación queremos brindar a oportunidade a tódalas persoas ás que lles gusta gozar da natureza, de pasar uns días incribles con actividades e boa comida, ademais de coñecer xente, sen necesidade de ter colegas ou parella ou alguén de acompañante.
Todo está preparado para que cada asistente goce do noso territorio: casas de turismo rural onde primamos o trato amable e cercano, restaurantes onde se volve a orixe, con ingredientes locais que cociñamos sen disimular o seu auténtico sabor, actividades como os paseos a cabalo á beira do Furelos, entorno envidiable, disfrutar coas festas, as gaitas e o baile (para quen lle guste bailar)… un cóctel preparado para gozar tamén, por suposto, e como prato principal, de coñecer xente e… por qué non? de enamorarse, por unha sola fin de semana ou por toda unha vida, a elección de cada quen.
Que saibamos somos a primeira asociación de turismo rural que organiza algo así, polo menos en Galicia, polo que estamos orgullosos e ilusionados coa idea.
Responder